Monday 20 de May de 2024

Novos obradoiros na Aula Cemit de Ribeira


O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro Fernando Abraldes presentaron os novos cursos que se desenvovlerán na Aula Cemit durante os meses de maio e xuño, en horario de mañá, organizados pola Concellería de Novas Tecnoloxías.
“Estes cursos están pensados para facilitar ás empresas de Ribeira as ferramentas necesarias para a súa dixitalización” explicou o concelleiro de novas tecnoloxías, Suárez-Puerta. Os cursos que se impartirán serán os seguintes:
– Ferramentas de xestión e comunicación I: Gmail, Google Meet, Drive e Calendar, o 24 de maio.
– Ferramentas de xestión e comunicación II: Google Sites, trello e Slack ,o 24 de maio.
– Ferramentas de xestión e comunicación III: email márketing, CRM e facturación, o 31 de maio.
– Márketing dixital I, como crear unha marca, o 31 de maio.
– Márketing dixital II: crear contidos de valor, promoción a través de FB e IG, e analización de indicadores de resultado, o 7 de xuño.
– Márketing dixital III, SEO, SEM, Google Analytics e Google Ads, o 7 de xuño. – Ecommerce I, Introducción ao comercio electrónico, o 14 de xuño.
– Ecommerce II: cómo vender os teus productos en marketplaces e crear a túa propia tenda online, o 14 de xuño.
– Administración electrónica: DNIe, certificado electrónico e firma electrónica, o 21 de xuño.
As inscricións poderanse realizar a través do mail cemit.ribeira@xunta.gal ou ben mediante o teléfono 981876043.

Deja un comentario